• Vencía na Clase A de Car Cross, onde os Yacarcross copaban de novo o podio con Daniel Remuiñán e Antonio Viloria.
Os Yacarcross continúan marcando a pauta no Campionato de Galicia de Ralimix e así, na cuarta proba da tempada celebrada a pasada fin de semana do 26 e 27 de agosto no concello de Portas (Pontevedra), volvían ocupar as primeiras posicións da Clase A de Car Cross.
Nesta quenda Javier Ramilo ‘Kobas’ non conseguía a vitoria e tiña que ceder a mesma para finalizar na segunda posición tras ser o máis rápido na primeira das cinco pasadas previstas. Ese tempo permitiulle obter unha renda suficiente para manterse como líder provisional ata o final na súa categoría e mesmo chegaba a liderar provisionalmente a clasificación xeral a falta da derradeira manga, pero chegado a ese punto preferiu asegurar os puntos do campionato antes de arriscarse a padecer unha picada.
A segunda praza na Clase A era para Daniel Remuiñán con Antonio Viloria a continuación, clasificándose ambos na terceira e cuarta posición da clasificación xeral final. Esta vez Alfonso ‘Pisko’ Ventín non conseguía pasar do quinto posto a pesar de gañar catro das cinco mangas celebradas, pois se viu prexudicado por unha saída de pista na primeira ao tratar de evitar o atropelo doutro participante que se atopaba fóra do seu monopraza. Tampouco Abel Jurado tivo o seu mellor día, pois cando rodaba en terceira posición sufría unha picada nada máis comezar a terceira manga do sábado e o domingo averiaba a caixa de cambios. Unha das satisfaccións da fin de semana para o equipo Yacar Racing foi o magnífico rendemento do irlandés Pradaic McHale, cada vez máis afeito aos trazados dos ralimix en Galicia.
O equipo regresa á acción esta fin de semana en Miranda de Ebro, acudindo ao circuíto Antonio Vadillo para disputar a quinta proba do Campionato de España de Autocross.