A dianteira española chegou ás dependencias da Audiencia Nacional este martes ás 9:50h acompañada do seu avogado Ángel Chavarría e do seu representante, ademais de por algún avogado máis que exerce a acusación nesta investigación. A xogadora, segundo fontes presentes na súa declaración, reiterou que o bico foi “inesperado e en ningún momento consentido” desmentindo a versión que ofreceu o expresidente. Esta será, previsiblemente, a última declaración que se realizará sobre o caso, a menos que o xuíz, Francisco de Jorge, decida algunha comparecencia máis. O maxistrado debe decidir agora se envía a Rubiales a xuízo tras escoitar aos 4 investigados a e a máis dunha ducia de testemuñas. Ante o xuíz, Rubiales defendeu que o bico foi unha “mostra de afecto” que se produciu de forma “natural”, á luz de “millóns de ollos” e que foi “con consentimento”.
22