Jesús Miguel Goimil Ares, gañador do I Concurso de microrrelatos #carballomola

1 minutes read
  • No certame, convocado pola Concellaría de Normalización Lingüística, participaron 46 autores

O I Concurso de microrrelatos #carballomola en Instagram celebrado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Carballo xa ten gañador: Jesús Miguel Goimil Ares.

Este estudante de secundaria do IES Isidro Parga Pondal estaba detrás do perfil miss_estrellita3.0 que finalmente acadou 2.358 «gústames» en Instagram grazas ao seu microrrelato.

O concurso convocado pola Concellaría de Normalización Lingüística para convidar ás persoas usuarias de Instagram a escribir sobre o confinamento tivo moi boa aceptación. Participaron 46 autores que, ademais de textos moi traballados, incluíron ilustracións, fotografías e vídeos propios que contribúen a enriquecer estas breves historias de 77 palabras como máximo.

O gañador recibirá un lote de produtos co logotipo “Eu quero a Carballo” e un vale de 150€ para gastar en librarías da localidade.

Texto gañador do microrrelato #carballomola