Boris Johnson está disposto a revisar o sistema penal para evitar que se produzan novos ataques como o que tivo lugar o venres no Puente de Londres. A acción, perpetrada por un home en liberdade condicionada, e reivindicada polo Dáesh, custou a vida a dúas persoas e deixou feridas a outras tres.
O atacante, chamado Usman Khan, de 28 anos de idade, asistira a un programa de reinserción para antigos presidiarios. Foi abatido a tiros por membros dos corpos de seguridade. O ataque, considerado como atentado terrorista polas autoridades británicas espertou unha onda de indignación e provocou numerosas reaccións.
Nun comunicado, a raíña Isabel II de Inglaterra expresou a súa tristeza polos feitos ocorridos e enviou as súas condolencias a todos aqueles que perderon aos seus seres queridos e que se viron afectados pola terrible violencia do ataque do venres. Ademais, a monarca comunicou o seu agradecemento á policía e aos servizos de emerxencia, polo labor levado a cabo tras o atentado. Un agradecemento que estendeu ás persoas valentes que arriscan a súa propia vida para axudar e protexer desinteresadamente aos demais.