Johnson pide perdón pola festa en Downing Street en pleno confinamento

0 minutes read

O primeiro ministro británico pide perdón por participar nunha festa en Downing Street durante o confinamento pola pandemia. Nunha comparecencia na Cámara dos Comúns, Boris Johnson admitiu que en maio de 2020 participou nunha celebración con corenta persoas nos xardíns da súa residencia oficial. Naquel momento, as xuntanzas de máis de dúas persoas ao aire libre estaban prohibidas en Gran Bretaña. Johnson asegura que en todo momento pensou que se trataba dun evento laboral. A oposición reclamou a súa dimisión.