Jorge Crego asume a secretaría xeral do Partido Comunista de Galicia


O Partido Comunista de Galicia celebra na Coruña o seu décimo quinto Congreso con cambio na dirección. O coruñés Jorge Crego colle a remuda na secretaría xeral que deixa Eva Solla, á fronte da formación desde o ano 2014. Os dous fixeron un balance positivo do ciclo político que se pecha hoxe, no que o partido medrou en traballo e afiliación. Con vistas ás vindeiras eleccións municipais, o novo secretario xeral dixo que traballarán para sumar a favor das políticas de esquerdas.