Jorge Mira recibe o primeiro Premio de Divulgación Científica

0 minutes read

O Premio de Divulgación Científica da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) recaeu este ano en Jorge Mira, catedrático de electromagnetismo na facultade de física da USC. O galardón recoñece a súa traxectoria de máis de 20 anos no eido da divulgación de todos os campos de coñecemento, cun esforzo continuado por achegarlle a ciencia á sociedade a través de múltiples canles. Por outra banda, os xornalistas Selina Otero, natural de Malpica e traballadora do Faro de Vigo, e Xavier Fonseca, de «La Voz de Galicia», foron galardoados co premio de xornalismo científico Celia Brañas, que outorga a RAGC.