0
José Manuel Martínez Paz, Secho, (Porto do Son, 1977), vén de exercer de técnico asistente do Real Club Deportivo Lugo de 2° División. Na campaña 20/21 foi segundo adestrador do Real Club Deportivo da Coruña, club ao que tamén estivo ligado como adestrador de categorías inferiores. Ademais foi técnico do Noia (18/19) e seleccionador galego da SUB18.