José Manuel Miñones e Héctor Gómez, novos ministros de Sanidade e de Industria

1 minutes read

José Manuel Miñones, ata o de agora delegado do Goberno en Galicia e Héctor Gómez, deputado por Santa Cruz de Tenerife, substituirán respectivamente ás ministras Carolina Darias e Reyes Maroto, candidatas ás alcaldías das Palmas e Madrid, na remodelación de Gobierno previa ás eleccións autonómicas e municipais do 28 de maio. Así o anunciou o presidente do Executivo, Pedro Sánchez, nunha declaración institucional e sen preguntas desde A Moncloa convocada á primeira hora da mañá deste luns. O presidente eloxiou  o traballo das ministras saíntes en momentos “difíciles” pola pandemia e a guerra de Ucraína, mentres que dos seus substitutos asegurou que “coñecen moi ben os ámbitos onde agora desempeñarán as súas tarefas”, que “lles avalan a súa experiencia e as súas calidades”. “Son dous excelentes servidores públicos cunha traxectoria intachable e un compromiso inquebrantable coa defensa do interese xeral”, concluíu Pedro Sánchez. Gómez xa formou parte do equipo de Maroto no Ministerio e foi voceira do PSOE no Congreso, mentres que Miñones é licenciado en Farnacia, “doutor Cum Laude con premio extraordinario” concedido pola Universidade de Santiago de Compostela por varias investigacións publicadas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?