0
Así o confirmaron fontes socialistas que detallan que o expresidente da Deputación de Lugo,José Ramón Gómez Besteiro, ocupará a Delegación do Goberno en substitución de José Miñones, que deixa o cargo para asumir o Ministerio de Sanidade. Besteiro, licenciado en dereito, volve á primeira liña política nun contexto no que o PSdeG aínda non despexou a incógnita sobre quen será o seu candidato á Presidencia da Xunta. Aínda que tamén se pode interpretar que o nomeamento de Miñones como ministro de Sanidade achégao a esta posible carreira.