Juan Carlos García chega ao 28M ‘avalado polo traballo feito en Coristanco’

1 minutes read

O candidato á alcaldía de Coristanco, Juan Carlos García, aproveitou para dar as grazas ao presidente provincial do PP, Diego Calvo, por confíar na súa persoa hai catro anos e polo apoio recibido durante todo este tempo. “Non era fáci confiar en alguén que non estivera en política e non era sinxelo envorcarse neste concello como o fixeches”, dixo García no mitin central do seu partido celebrado este martes, referíndose ao presidente provincial.

Con moitos proxectos aínda por desenvolver, García pediu o voto para a súa candidatura convencido de que a súa formación “traballará máis duro aínda que ata a data” para conseguir, explicou, que Coristanco acade a “imaxen de marca de concello que xestiona ben, que pensa nos veciños e que quere seguir avanzando”.

Pola súa banda, Diego Calvo afirmou que “o domingo só hai dúas opcións, ou maioría absoluta para o PP ou volver á época dos acordos entre perdedores que só se preocuparán de ter a súa cadeira de brazos no goberno local a conta do que sexa”, apuntou Calvo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?