Pérez Llorca confírmase así como oitavo president autonómico e como substituto de Carlos Mazón, que dimitiu a principios de novembro pola súa xestión da dana. No seu discurso, o tamén alcalde da localidade alacantina de Finestrat fixo numerosas chiscadelas ao partido de Santiago Abascal. Defendeu a xestión nestes dous anos grazas á «maioría parlamentaria» con Vox, quen xa asinou co PP un acordo para sacar adiante os orzamentos o pasado marzo e cargou contra o Pacto Verde europeo e a inmigración irregular, principais esixencias de Vox. O novo president asegurou ademais que se é elixido as súas primeiras palabras serán para pedir «perdón» ás vítimas da dana e fixo extensiva a todas as administracións a «responsabilidade por non estar á altura» que merecían os cidadáns. Na súa réplica, o síndic do PSPV, José Muñoz, acusou ao PP de «vender a súa alma ao diaño», en referencia ao seu acordo con Vox, e de «encubrir» a Mazón, quen «non estivo á altura das circunstancias» durante a dana do 29 de outubro do ano pasado na que morreron 229 persoas.
5