Juan Carlos Rodríguez “Juanka” (Carballo, 1999). Polivalente xogador que se desenvolve en calquera posición da primeira liña. Será a 3ª tempada no equipo sénior para un xogador que está chamado a ser un dos homes importantes no plano ofensivo, tras unha campaña na que estivo lastrado por unha doenza no ombreiro. Juanka foi na súa etapa xuvenil subcampión de España coa selección de Galicia, sendo o máximo goleador do campionato e elixido mellor lateral esquerdo. Juanka é Técnico en Actividades de Ocio e Tempo Libre e traballa como adestrador nas categorías de base das Escolas Balonmán Xiria.
Brais Puñal, un dos xogadores máis exemplares e traballadores do clube non podía faltar no listado de renovacións para a vindeira tempada. Iniciará a súa 9ª tempada dende o extremo esquerdo. Volve a ser peza importante nun plantel no que tamén deberá facerse respetar dende a defensa, experimentado xa nesas lides poderá facelo dende o centro ou dende o segundo. Brais é un home de clube, así o corroboran estes anos adicado á base como entrenador. Graduado en Educación Social e Monitor de tempo libre, non hai ninguén mellor como referencia para toda a canteira coa que desfruta cada día.
Julián López (Carballo, 1996). O pivote Julián López seguirá vestindo as cores do Calvo Xiria. 5ª tempada no equipo para Julián, bo defensor e todo un especialista en agarrar todos os balóns que pululan polos 6 m, por veces parece que ten un imán nas mans. Julián é Técnico Superior en Contruccións Metalicas e compaxina o balonmán co seu traballo na empresa Marcelino Seoane adicada ás estructuras metálicas e á maquinaria industrial.