Julen Álvarez | Mediocentro de reforzo para as filas do Bergantiños


Terceira incorporación neste mercado para as filas do Bergantiños FC. O xogador Julen Álvarez vestirá a camisola vermella ata final de temporada. Julen, mediocentro de 21 anos e natural de Barcelona (19/02/2001), formouse na base do RCD Espanyol de Barcelona, clube no que tamén militou no seu primeiro ano senior (2010 – 2022), cedido polo Orihuela C.F., para xogar ata xaneiro do 22 co Espanyol B. A tempada 21/22 rematouna no RCD Mallorca B no que continuou avanzando na súa progresión profesional.