23
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, cualificou ao Sergas de actuar como “pagafantas co diñeiro de tódolos galegos” ao pagarlle a unha clínica privada por empregar a maquinaria oncolóxica doada pola Fundación Amancio Ortega en 2015. Torrado presentou unha proposta no Pleno do Parlamento para pedirlle á Xunta que recupere esa maquinaria e a instale en centros públicos. Engadiu que a propia clínica está a empregar ademais estes recursos para atender a pacientes afiliados a mutuas de saúde, tal e como ten alertado o Consello de Contas, quen apunta que a cambio pagan un canon que “pode estar ocultando unha subvención”.