Junts deixa en mans da militancia seguir no Govern


Despois dunha reunión de nove horas da executiva de Junts, na que todos os consellers puxeron o seu cargo “a disposición” do que decida o partido, a presidenta da formación, Laura Borràs, convocou este xoves unha consulta para os próximos 6 e 7 de outubro. Ademais, informaron que mentres non se produza o resultado da consulta non haberá, por parte de Junts, “ningunha outra proposta para ocupar o posto de vicepresidencia nin de Políticas Dixitais e Territorio”. “O vicepresidente é Puigneró e non imos tomar ningunha decisión dunha consecuencia que non xeramos”, dixo a presidenta da formación Laura Borràs.