33
Justin Bieber anuncia que cancela os seus próximos concertos tras sufrir unha importante parálise facial. A través das redes sociais, o cantante canadense explicou que sofre a síndrome de Ramsay Hunt provocado polo virus da varicela-zoster, e que ataca os nervios faciais e do oído. Isto ocorre usualmente tras un brote do virus. Os síntomas poden ser temporais ou permanentes despois de certo tempo. Bieber dixo que non está seguro de canto tempo tardará en curarse. Pero mostrouse positivo sobre a posibilidade de recuperarse por completo a través do descanso e a terapia.