Kíev busca o apoio da xustiza internacional contra Rusia

1 minutes read

A Corte Penal Internacional, a Comisión Europea e 45 países comprometéronse a cooperar de forma máis estreita para perseguir os crimes de guerra cometidos por Rusia en Ucraína nunha Conferencia para a Rendición de Contas en Ucraína celebrada na Haia, en Países Baixos. Xusto o mesmo día que un bombardeo nunha cidade no centro de Ucraína acabou coa vida de numerosas persoas, entre elas un bebé. Nun discurso via videoconferencia presidente de Ucraína, Voldímir Zelenski, instou aos membros da CPI a crear un tribunal de crimes de guerra. A cuestión é complicada. Nin Ucraína nin Rusia son membros da Corte Penal Internacional. Aínda que Kíev asegurou que ratificará o estatuto fundacional da corte, o Estatuto de Roma,  na práctica ningún dos dous países está baixo a súa xurisdición para perseguir crimes de guerra graves como o xenocidio ou os crimes de lesa humanidade.