La amenaza de lluvia no empañó el día del patrón en Carballo


Tras la resaca del humo, el churrasco y las sardinas, Carballo amanecía este viernes con olor a rosas, fiuncho y ganas de fiesta. Una fiesta que la lluvia amenazante condicionó a lo largo de la jornada. Tras la misa en honor al patrón, la procesión varió su recorrido y fue más corta de lo habitual. La actuación de la Banda del Conservatorio, prevista en la calle Coruña, se trasladó al mercado, del mismo modo que se había hecho con el pregón. Como de costumbre, el alcalde, Evencio Ferrero, fue el encargado de hacer la ofrenda a San Xoán:

«Santo Patrón, o solar do noso concello está sendo traballado con agarimo por milleiros de mans humildes e traballadoras para dar forma ao espazo no que nacemos e decidimos vivir».

«Igual que o océano e a terra se unen en nós, a nosa tristura sabe rir, seguiremos malia a dor, querendo que a festa sexa sempre motivo de unión e celebración porque no repertorio da vida ser feliz é a única peza importante. Houbo que limpar o medo pero xa fornos de pan continúan a cocer o molete que nos identifica e as cores foron derrubando muros con pintura, e foron os cesteiros, os canteiros, os ferreiros, os industriais, os comerciantes, a xente nova e a xente experta, pondo pedra a pedra, día a día, construíndo todo o que nos conmove e que chamamos o Carballo de sempre, aínda que teña polas esgazadas, pero guiados pola túa luz para lograr un lugar que nos afaste das miserias, das violencias, das bombas e das guerras».

«Para todos e cada un pedimos a túa xenerosidade e amparo porque ben soubeches, santo patrón, que ao verter as augas do Xordán chegarían sagradas a toda a auga da terra e ao río da miña aldea para conseguir a mellora do noso solar, a mellora do que queremos, para ter luz na noite escura».

«Seguirá a ser un labor de todos, calado, silandeiro, preciso e por iso precisamos a túa axuda. Neste día en que se activa máis o sentimento de carballeses estamos pedindo ao santo patrón toda a súa axuda e toda a súa comprensión».

«Acolle pois esta ofrenda acalmada e danos, patrón dos carballeses a luz perpetua de outra cachela colectiva. Grazas polo que levamos feito, que as túas augas redentoras retornen ao Anllóns para regar de felicidade o corazón dos nosos carballeses que seguen a ser bos e xenerosos. Sabemos que contamos coa túa axuda, que pedimos e agradecemos, outro ano máis, para construír en paz e con xustiza un futuro de dignidade», concluíu.

Por la tarde hubo una verbena infantil con Los Mecánicos, a cubierto en el Pazo da Cultura y ya por la noche el concierto de Tanxugueiras y la actuación de la orquesta portuguesa Funçao Públika, pusieron el colofón al día grande del San Xoán más esperado, pero menos concurrido de los últimos años.