A policía lusa investiga unha nova vía sospeitosa no caso Madeleine

1 minutes read
  • A investigación abriuse por unha colaboración entre a policía portuguesa e a Scotland Yard con novos detalles que poderían ser relevantes para o caso.

A Policía Xudicial (PJ) portuguesa confirmou este sábado que a investigación sobre Madeleine McCann, desaparecida no sureño Algarve hai exactamente doce anos cando estaba coa súa familia de vacacións, continúa aberta. As pescudas seguen «no ámbito da Investigación tutelada polo Ministerio Público de Portimão», cidade do sur de Portugal, informou a PJ nun comunicado, no que lembraron que o caso se desenvolve en articulación coas autoridades internacionais. O diario sensacionalista portugués » Correio dá Manhã» publicou unha noticia na que asegura que as autoridades portuguesas investigan a un novo sospeitoso grazas a indicios atopados e por iso reforzaron o equipo encargado das pescudas.