José Manuel Lage Tuñas, secretario de organización do PSdeG, tachou este domingo de “broma de mal gusto” que o PP fale do custo das peaxes das autoestradas galegas, xa que lembrou que “as implantou ou as prorrogou sucesivamente o Partido Popular condenando aos galegos e ás galegas a pagalas durante case un século”. Respondeu así ás declaracións realizadas pola conselleira do goberno galego, Ethel Vázquez, criticando a a posta en valor por parte do candidato socialista Besteiro das bonificacións das peaxes na AP-9 e na AP-53 instauradas polo goberno de España. “Menuda broma de mal gusto escoitarlle ao goberno de Rueda falar do caras que son as peaxes nas autoestradas galegas”, apuntou o socialista que remarcou que “só foron gobernos socialistas os únicos que interviron e seguen intervindo para rebaixar ou eliminar as peaxes”, concluíu.
34