LaLiga contra a Xunta por abrirlle un expediente con malas formas

1 minutes read

A Xunta de Galicia pechou o expediente informativo aberto a semana pasada e decidiu iniciar un procedemento sancionador contra LaLiga e contra o Fuenlabrada por incumprimento dos protocolos sanitarios. Así o anunciou Alberto Núñez Feijóo este xoves, asegurando que «o instrutor entende que hai indicios suficientes para a apertura dun expediente sancionador por incumprimento dos protocolos e por producir risco contra a saúde pública», cuxos responsables serían o organismo presidido por Javier Tebas e o club madrileño.

Comunicado de LaLiga

«Tivemos coñecemento a través dos medios de comunicación da finalización da información reservada por parte da Conselleria de Sanidade da Xunta de Galicia. É sorprendente que a día de hoxe, cando pasaron dez días desde que se iniciou o proceso, non se recibiu en LaLiga ningunha petición de información do procedemento por parte da Xunta de Galicia e, o que é peor, se xúlgue publicamente á nosa institución, sen nin sequera ter oportunidade de defenderse nin achegar un só documento. Lamentablemente nestes días estamos a observar como a situación deportiva do Deportivo está a provocar un conxunto de declaracións e medidas inxustas e arbitrarias por parte das administracións públicas que nos retrotraen a tempos pretéritos que criamos felizmente superados. Desde LaLiga estamos ao dispor de todas as administracións para aquelas aclaracións que se consideren oportunas. O que non imos consentir é que se nos prexulgue sen nin sequera ser escoitados».