O grupo lácteo Larsa estrea instalacións en Outeiro de Rei para incrementar a produción. Na reforma da macroplanta investíronse 15 millóns de euros. Á posta en servizo acudiu o presidente da Xunta, quen destacou que o reto do campo galego pasa pola industrialización, a unión empresarial e a calidade.