O obxectivo é valorar, recoñecer e premiar a mellor decoración dos escaparates dos comercios e locais de hostalaría do municipio.
As persoas que así o desexen poden votar polo seu escaparate favorito a través de dúas vías:
Do servizo de mensaxería de WhatsApp ‘Novas Laxe’ (657 771 006), enviando unha mensaxe co nome do establecemento ou local elixido. Cada persoa poderá emitir por esta vía un único voto a un único establecemento. No caso de emitirse varias votacións, só será tida en conta a primeira.
Da páxina de Facebook do Concello de Laxe, outorgando un “me gusta” ou “me encanta” á imaxe do escaparate/local mellor decorado. Neste caso, teranse en conta todos os votos emitidos nas diferentes publicacións que se fagan do certame.
O xurado está formado, así, por todas aquelas persoas que emitan os seus votos a través destas dúas canles. O establecemento gañador será aquel que reciba máis votos. Unha vez realizado o reconto de votos, comunicaráselle persoalmente ó establecemento ou local gañador.