42
Un home de mediana idade resultou ferido de consideración á primeira hora da mañá deste martes en Laxe, ao producirse un accidente de tráfico na rúa Isidro Parga Pondal, xunto ao centro educativo CPI Cabo da Area. O ferido, veciño da localidade, foi trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee afectado dun forte golpe no peito. O condutor do camión resultou ileso. Ao lugar do accidente acudiron Policía Local e Protección Civil de Laxe, unha Ambulancia do 061 e unha dotación da Garda Civil de Tráfico.