Laxe inviste máis de 48.000 euros en melloras no pavillón municipal e no campo de fútbol

1 minutes read

O Concello de Laxe continúa avanzando na modernización das súas instalacións deportivas grazas a un investimento de máis de 48.000 euros, conseguidos coa axuda da Xunta de Galicia.

A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Laxe, Paco Charlín, o tenente de alcalde, Eulogio Constantino, e a concelleira Begoña, visitou as actuacións realizadas no pavillón municipal e no campo de fútbol de Laxe.

Entre as melloras executadas destacan:

🔹 Reparación dos danos existentes nas paredes interiores da pista deportiva.

🔹 Pintado dos espazos interiores do pavillón e dos vestiarios.

🔹 Melloras nos vestiarios do campo de fútbol municipal.

🔹 Reparación do salvaescaleiras que conecta a zona deportiva coa sala de musculación e o ximnasio municipal.

🔹 Substitución da carpintería interior dos vestiarios do campo de fútbol.

Estas actuacións permiten mellorar a seguridade, a accesibilidade, a funcionalidade e as condicións das instalacións, utilizadas diariamente por veciños e veciñas, centros educativos, clubs e entidades deportivas.