O xogador carballés volve ao Calvo Xiria despois dun descanso de pouco máis dun ano por motivos de estudos.
Cunha destacada traxectoria en DHP e Asobal, formou parte do Calvo Xiria que alcanzou a primeira fase de ascenso a DHP en 2011 compaxinandoo coa súa participación na selección española xuvenil, chegando a desputar un Europeo en Austria, un Mundial en Hungría e uns Xogos Olímpicos de verán en Turquía .
Comezou a súa andaina na élite no Ademar de León, onde chegou a debutar en Asobal ás ordes de Manolo Cadenas. Fixoo fronte ao FC Barcelona marcando gol ante toda unha lenda coma Arpad Sterbik.
Voltou a Galicia para formar parte da SD Teucro onde acadou dous ascensos a Asobal as ordes de Javier Barrios e posteriormente de Quique Domínguez.
Na súa seguinte etapa, xa no Atlético Novás, en 3 anos tivo unha participación protagonista no ascenso do club do Rosal dende a Primeira Estatal á 6ª posición en DHP na tempada 19-20.
No 2020 decide voltar á casa e forma parte do Calvo Xiria campión de liga, marcando 178 goles e desputa a 7ª fase de ascenso do club que se celebrou en Carballo.
Na tempada 21-22 tras rematar co equipo en 4ª posición voltando a ser o máximo anotador do plantel con 159 goles, decide facer unha pausa deportiva para centrarse nos estudos de oposición.
Volve á casa nesta tempada para ser parte importante tanto no ataque coma na defensa e servir de apoio e referente no Calvo Xiria máis novo en idade dos últimos tempos.