O pleno do Congreso dos Deputados aprobou a lei de eutanasia, que se converterá nunha nova prestación do Sistema Nacional de Saúde que poderán solicitar aquelas persoas que padezan unha enfermidade grave e incurable cun sufrimento físico ou psíquico constante e intolerable. Con 202 votos a favor, 141 en contra e 2 abstencións a lei saíu adiante e entrará en vigor dentro de tres meses, e converterá a España no sétimo país en recoñecer este dereito. A eutanasia é legal en Holanda, Bélxica, Luxemburgo, Canadá, Nova Zelandia e Colombia (neste último país por decisión do Tribunal Constitucional, pero sen que o Parlamento aprobase unha lei que a regule). A lei superou durante o seu trámite parlamentario osvetos presentados por PP e Vox e contou cun amplo apoio tanto no Congreso como no Senado.