42
Os Bombeiros de Santiago liberaron unha menor que quedou atrapada nun bambán do Parque Xixón, próximo á Avenida Xoán XXIII.
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 para solicitar a colaboración dun equipo de emerxencia xa que ningún dos presentes era quen de liberar á cativa. Segundo se lles indicou aos xestores do 112, a pequena estaba atrapada por unha perna.
Nada máis ter constancia dos feitos, desde o CIAE alertouse aos bombeiros da cidade, aos servizos sanitarios de urxencia, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.
Unha vez liberada, a nena puido ser atendida polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.