21
O expresidente de Bankia, Rodrigo Rato, poderá saír en liberdade condicional. No auto o tribunal afirma, entre outras cousas, que para tomar esta decisión valoraron a idade do que fora vicepresidente do Goberno con José María Aznar, xunto co seu comportamento e coa “antigüidade” dos feitos polos que ingresou en prisión. Rato cumpre unha condena de 4 anos e medio dende outubro de 2018 por apropiación indebida no caso das tarxetas opacas da vella Caja Madrid, e no pasado mes de outubro tamén obtivo o terceiro grao, que lle permitiu saír do cárcere con control telemático.