Licitada a construción dunha senda peonil entre Rorís e Anzobre, en Arteixo

1 minutes read

O proxecto conta cun orzamento de 436.363 euros e contribuirá a mellorar a seguridade viaria nesta zona, onde se sitúan numerosas vivendas, ademais de dar continuidade ao circuíto peonil das mesmas características que une actualmente Lañas e Rorís.

A nova senda, que atravesará os núcleos rurais de Rorís, Crucella e Anzobre, construirase a un mínimo de 4 metros do eixe da estrada, terá un ancho de 1,80 metros e rematará cun borde de formigón. Executarase en adoquinado de formigón de cor gris-negra sobre base de lastro artificial compactada de 15 cm de espesor.

A senda contará con cuneta exterior e interior e sistema de canalización para o drenaxe de pluviais para garantir unha drenaxe superficial axeitada.