A Xunta de Galicia licitou por 129,93 millóns de euros as obras de primeira fase do Hospital Público Gran Montecelo de Pontevedra que se iniciarán no vindeiro mes de xuño e que levarán asociados máis de 2.600 empregos.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, presentaron en rolda de prensa os detalles do novo equipamento que ofrecerá asistencia sanitaria avanzada e blindará a atención de 300.000 veciños da área nas vindeiras décadas.
Os traballos, que contan cun prazo de execución de 42 meses, consistirán na construción dun novo edificio hospitalario cunha superficie de preto de 92.000 metros cadrados distribuídos en 10 andares. O novo edificio, que ocupará unha superficie superior os 12.500 metros cadrados, estará composto por un primeiro volume distribuído en dúas edificacións, que actuará como base dun segundo que albergará as áreas de hospitalización.