Licitadas as obras do primeiro treito da prolongación da autovía Santiago-A Estrada

1 minutes read

As obras da prolongación do primeiro treito da autovía AG-59, entre Santiago de Compostela e A Estrada foron licitadas por máis de 32,3 M€. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo un encontro de traballo co alcalde da Estrada, José López Campos, na Casa do Concello no que abordaron o novo paso administrativo para dar continuidade á autovía nun total de 3,5 km de lonxitude libre de peaxe. As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o vindeiro 6 de xuño para presentar as súas ofertas. O prazo de execución dos traballos é de 20 meses. A previsión é adxudicar as obras no verán co obxectivo de poder inicialas no outono deste mesmo ano e, de xeito paralelo, seguir a traballar no proxecto de construción das obras da segunda fase de prolongación da autovía, que serán 4 km máis entre Pontevea e O Rollo, xa no municipio da Estrada. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?