O Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria para xaneiro e marzo aos propietarios dos predios necesarios para impulsar esta actuación, que conta cun prazo de execución de 8 meses.
Esta intervención ten como obxectivo a execución dunha senda de 680 metros de lonxitude na marxe da vía autonómica: 540 metros na AC-213 e 140 metros no ramal ao polígono de Alvedro.
A actuación céntrase na execución dunha senda, que se desenvolve entre os puntos quilométricos 1,8 e 2,3 e configurarase en dous itinerarios diferenciados.
En concreto, o primeiro itinerario será peonil e correspóndese co tramo que une o núcleo do Burgo e dos Campóns, onde a estrada autonómica enlaza coa provincial DP-1702.
O outro itinerario, que parte tamén do Burgo, discorrerá en paralelo ao río Mero ata A Telva, continuando pola senda existente no polígono de Alvedro ata a estrada N-550. Neste tramo do Burgo á Telva, con alta afluencia de ciclistas, a actuación proxectada prevé dotar a senda dun carril bici de solo estabilizado, dando así continuidade a ese itinerario.
No que se refire ao deseño, a actuación formúlase como unha senda de 2 metros de lonxitude, con carril bici naquelas zonas que dan continuidade ao itinerario ciclista.