Licitados servizos relacionados coas obras de construción de 351 vivendas de promoción pública

1 minutes read

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), iniciou o procedemento de contratación de varios traballos e servizos relacionados coas obras para a construción dun total de 351 novas vivendas de promoción pública (VPP) nos concellos de Vigo, Pontevedra, A Coruña e Santiago.

O contrato foi licitado por un orzamento inicial de 1.249.676,64 euros, IVE incluído, e está dividido en lotes —concretamente en 20— que se corresponden por un lado coa dirección de execución dos traballos e por outro, cos servizos de coordinación de seguridade e saúde para a promoción dun total de 10 edificios de carácter residencial.

Unha vez iniciado o procedemento, todas as empresas e profesionais interesados en optar a un ou varios lotes poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 14 de febreiro. Os prazos para a execución dos traballos varían entre os 51 e os 60 meses, segundo o caso.