Localizada con vida unha octoxenaria desaparecida en Camariñas

1 minutes read

Os efectivos que interviñan no operativo de busca deron coa muller a douscentos metros da súa vivenda, situada no lugar do Cruceiro, na parroquia de Xaviña.

A muller, que fora vista por última vez as 17:00 horas da tarde deste domingo, recibiu os primeiros auxilios nada máis ser localizada e, posteriormente, foi trasladada ao Hospital de Cee.

O 112 Galicia recibiu a alerta da súa desaparición a través dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas.

A partir de aí púxose en marcha un dispositivo de busca, coordinado pola Garda Civil, no que tamén participaron efectivos de Protección Civil de Vimianzo.