Localizada unha muller morta na súa casa de Carballo

1 minutes read

Uns familiares deron a voz de alarma á unha da tarde deste martes, ao tentar contactar por diferentes medios con ela durante horas e non recibir resposta. Ao lugar de residencia, na rúa Río Tambre número 11, desprazouse unha patrulla da Garda Civil de Carballo e tamén foi requirida unha dotación de Bombeiros do parque de Bértoa. O piso estaba pechado con chave e autorizouse a entrada dos Bombeiros pola xanela coa axuda dun camión escaleira. Tras acceder ao interior da vivenda localizaron o corpo sen vida da señora, A. N. R. de 91 anos de idade morta na cociña. A Garda Civil instrúe dilixencias para pescudar o ocorrido, aínda que en principio todo indica a que puidese tratarse dunha morte natural.