- A embarcación na que navegaba envorcou na zona da Punta de Udra sobre as 03:30 horas da madrugada deste venres
Os axentes da Garda Civil confirmaron ao 112 Galicia que o pescador desaparecido na madrugada deste venres na zona da Punta de Udra, no concello pontevedrés de Bueu, apareceu en bo estado na súa casa horas despois de que a súa embarcación envorcara ao fío das 03:30 horas.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizaron os seus vehículos de rescate aéreos e marítimos. Tamén fora solicitada a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, que completaron o operativo por terra.
A vítima foi atopada polos servizos de emerxencias, que o escoltaron ata a súa residencia arredor das 08:30 horas da mañá deste venres.