Localizado o corpo dunha muller afogada no río Lagares en Vigo


A Policía Nacional investiga a morte dunha muller duns setenta anos cuxo corpo apareceu flotando no río Lagares, en Vigo.

Un particular foi quen alertou o 112 de que un corpo flotaba no río á altura da rúa Severino Cobas, en Lavadores. Os servizos sanitarios trasladados ao lugar só puideron certificar a morte dunha muller. A policía segue indagando na zona da aparición do cadáver por se alguén botara en faltar unha muller, xa que non portaba ningún tipo de documentación na súa roupa. A autopsia determinará a orixe da morte.