Localizado o home desaparecido en Dumbría. Así seguiu o rescate a Garda Civil dende o aire

1 minutes read
  • O home foi localizado nun campo de millo próximo ao seu domicilio

Este mércores os servizos de emerxencias localizaron ó nonaxenario que estaba perdido no concello de Dumbría. Despois dunha noita buscando por el, atoparárono en bo estado de saúde.

Pasadas as 9 da noite deste martes a familia dun nonaxenario veciño da parroquia dumbriesa de Berdeogas poñíase en contacto co 112 para avisar da súa falta desde as 18:30 horas, cando saíu ao seu habitual paseo. A partir de aí, activouse un operativo de busca coordinado pola Garda Civil e no que colaboraron os voluntarios de Protección Civil da vila. Ademais, a primeira hora desta mañá, estaba prevista a incorporación do equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

Finalmente o home foi localizado nun campo de millo próximo ao seu domicilio.

En xeral, o home presentaba un bo estado de saúde, malia a enfermidade que padece e algún síntoma de arrefriamento, polo que será sometido a unha revisión médica no centro correspondente.

Imaxe.- Garda Civil.