Localizados dous gromos en Ourense tras dúas excursións de maiores a Benidorm

1 minutes read

A Consellería de Sanidade confirmou este mércores que dúas excursións a Benidorm están detrás da repunta de casos que rexistrou a área sanitaria de Ourense nos últimos días. Ambas as viaxes estaban dirixidos a persoas maiores de 65 anos e, segundo subliña a Xunta, a orixe dos gromos está fóra da comunidade.

Un dos gromos produciuse na área de O Carballiño-Cea, de onde procedía unha das excursións á que se vincularon 20 dos positivos, entre os viaxeiros e os seus contactos estreitos. A segunda excursión tiña a súa orixe en Barbadás, concello que polo momento suma 10 casos activos, aínda que os cribados continúan e non se descarta un aumento dos positivos.

A Benidorn viaxaron un total de 70 persoas nestas dúas viaxes, das que regresaron a finais do mes de outubro.