Localizan o corpo sen vida dun home baixo a Ponte de Rande

1 minutes read
  • Todo indica que se trata do vigués sospeitoso de asasinato e mutilación xenital na vila portuguesa de Ponte da Lima.

Os equipos de salvamento rescataron o corpo sen vida dun home baixo a Ponte de Rande, en Moaña.

Na mañá deste mércores varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia tras ver a alguen precipitarse á auga desde a ponte da AP-9.

Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou a Salvamento Marítimo e o Servizo de Gardacostas para enviar á zona senllas dotacións por mar e aire e dar, así, co home xa sen vida. Posteriormente, foi trasladado ao Porto de Domaio, onde agardaba un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que nada puideron facer por esta persoa.

Ademais, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil, que ahora investigan as circunstancias que rodearon este suceso. Todo indica que se trata do vigués sospeitoso de asasinato e mutilación xenital na vila portuguesa de Ponte da Lima.

Tras cometer presuntamente o crime, o suicida partiría cara a Vigo no seu propio coche, un vehículo de alta gama que deixou sobre a ponte de Rande, desde o que se precipitou ao baleiro. Dous pescadores deron aviso do suceso e ata o lugar desprazouse un helicóptero e unha patrulleira de Salvamento Marítimo que localizaron sen vida o home.

A Garda Civil, que tamén participou no dispositivo, confirmou que se trata dun suicidio.