Localizan seis toneladas de xarda agochadas nun barco en Burela

0 minutes read

A Garda Civil descubriu ocultas na adega dun barco seis toneladas de xarda non declarada no porto de Burela.

Os axentes sospeitaron cando viron que o barco entraba no porto lixeiramente escorado e decidiron inspeccionalo para comprobar se as especies capturadas que transportaba se correspondía coa notificación de descarga que realizaran previamente ás autoridades portuarias.

Na zona de estribor localizaron unha escotilla que accedía a unha segunda adega oculta non reflectida nos planos do barco e atoparon no interior agochadas as seis toneladas de xarda.