Localizan un turismo abandonado no monte de Anxeriz, en Tordoia

1 minutes read

Unha parella de veciños de Anxeriz, Tordoia, que saíu a pasear localizou un vehículo en aparente estado de abandono nun monte próximo ao seu domicilio. O turismo en cuestión, un Seat León de cor vermella, atopábase cunha fechadura do condutor forzada, as portelas dianteiras baixadas, a porta traseira dereita aberta, así como o portón da maleta. No rastro pola maleza, as testemuñas identificaron un regueiro de aceite, coma se o vehículo rompese o cárter e deixáseno abandonado. Tras o achado, puxeron o feito en coñecemento da Garda Civil, que instrúe as correspondentes dilixencias para tratar de aclarar como o coche, propiedade dun veciño de Negreira, chegou ata alí e se puido ser utilizado nalgunha actividade ilícita, dado que aínda non figuraba denuncia por roubo por parte do seu propietario.