Logran reflotar o Ever Given

1 minutes read

A Autoridade da Canle de Suez informou de que se modificou a traxectoria da embarcación, na boa dirección. De momento, non está claro cando reabrirá o que é un dos pasos marítimos máis importantes do mundo. As empresas implicadas dixeron que se moveu a popa da embarcación e que o barco, de propiedade xaponesa e con bandeira panameña, «está a ser asegurado». Este avance produciuse grazas a unhas manobras de arrastre con 10 remolcadoras e varias dragas, aproveitando a marea alta ao amencer deste luns. A gigatesca embarcación, de 400 metros de eslora, bloquea desde o pasado martes esta vía fluvial, duns 300 metros de ancho. Pola canle de Suez, duns 190 quilómetros de longo, transita máis do 10% do comercio marítimo mundial e o 25% dos contedores de mercadorías. É o roteiro marítimo máis curto entre Asia e Europa. Máis de 300 barcos esperan a súa reapertura para poder retomar a súa viaxe.