Loito na 44ª edición do Rally Villa de Llanes pola morte de dous participantes


Os participantes da 44ª edición do Rally Villa de Llanes gardaron un minuto de silencio en memoria dos dous compañeiros falecidos durante un dos tramos da proba automobilística, o piloto cántabro Jaime Gil e o copiloto vasco Diego Calvo. Ambos os dous sufriron un accidente cando baixaban L’ Altu do Fitu.

Tras a notificación oficial da suspensión do rally, coches e pilotos dirixíronse ao parque pechado A Talá para recibir información do sucedido e tentar dixerir a tráxica noticia arroupados polo resto da familia automobilística. Foi alí onde gardaron un emotivo e respectuoso minuto de silencio en memoria da parella de deportistas falecida.

Piloto e copiloto, segundo informou a organización, perderon a vida cando o Seat Marbella co que participaban no rally se estrelou contra un muro lateral de pedra, sen que as asistencias puideran facer nada por salvar as súas vidas.