Londres pide axuda urxente pola saturación dos hospitais. O alcalde da cidade, Sadiq Khan, aprobou este venres a declaración de «incidente maior», o equivalente ao estado de emerxencia, para facer fronte á terceira onda do virus, agravada pola propagación da nova cepa orixinada no sur do Reino Unido. Os hospitais londinienses reciben actualmente a preto de 800 pacientes de coronavirus ao día, o que equivale á capacidade total de ‘St Thomas’, un dos hospitais máis importantes da capital. Outros servizos de emerxencia están tamén ao bordo do colapso, o que por exemplo, obriga a bombeiros a conducir ambulancias. «O virus está fóra de control -afirmou Khan-. O Servizo Nacional de Saúde corre o perigo de colapsarse. O que quero dicir é que corremos o risco de que os hospitais queden sen camas no transcurso das próximas dúas semanas se o virus continúa propagándose e a xente segue requirindo hospitalización».
38