«Los Satélites» protagonizarán a primeira gran verbena do San Xoán este sábado en Carballo

1 minutes read

A primeira gran verbena do San Xoán chegará da man dunha das orquestras máis veteranas do panorama musical galego: Los Satélites, que vén de celebrar en 2018 o seu 80º aniversario sobre os escenarios.

Con tres novas incorporacións ao equipo e as últimas versións dos ritmos máis pegadizos, esta orquestra coruñesa que vén de gañar, por segunda vez, o «Premio Martín Códax da Música», no apartado de «Orquestras e Música de Verbena», aterrará na Praza do Concello disposta a facernos gozar dunha noite de boa música e moito espectáculo para dar a benvida por todo o alto ao San Xoán e comezar o verán…bailando.

Pero a música non só fará acto de presencia pola noite. Ás 12:30 horas, os ritmos tradicionais do grupo Falso Escuadro protagonizarán o tradicional pasarrúas matinal para encher de ambiente festivo a vila da mañá á noite.