38
O Concello de Lugo pechou a escola infantil Luís Soto Menor debido a un gromo de coronavirus que afectaría a parte do seu persoal. Malia que, segundo aclaran nun comunicado, as posibilidades de contaxio cos nenos son moi poucas, o peche desta escola faise por responsabilidade e precaución. A partir de agora aproveitarase para desinfectar todo o centro e, tamén, para seguir facendo probas PCR entre o resto dos traballadores. Este centro é unha das catro escolas infantís do Concello de Lugo, a donde acoden nenos e nenas de 0 a 3 anos.