20
O portavoz de En Marea, Luís Villares, anunciou este mércores que non concorrerá ás eleccións primarias do seu partido para elixir candidato á presidencia da Xunta e, por tanto, dá un paso atrás na primeira liña política e volve á xudicatura.
“Deixo a política e volvo ao meu posto de traballo”, confirmou Villares, que pediu unha excedencia no verán de 2016 do seu posto como maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para ser entón o cabeza de cartel do partido instrumental En Marea.
Para Villares, Galicia aínda necesita que as forzas progresistas cheguen a un acordo entre iguais que permita desbancar o PP do Goberno galego.